jueves, 14 de mayo de 2015

Crean uns músculos artificiais a partir de células de cebola.





                Dende hai algúns anos os físicos e os biólogos decidiron unir as súas forzas para producir materiais sintéticos que aproveitan algún deseño ou algún compoñente xa presente na natureza. A súa aplicación máis directa é a medicina, e de momento as innovacións van dende as córneas artificiais, ás válvulas ou marcapasos para o corazón, pasando polos xeles que actúan como estadas e que permiten guiar a cicatrización de grandes feridas na pel. Este martes, un equipo de investigadores do Laboratorio Shih, na Universidade de Taiwán, deu un paso máis alá na investigación dos biomateriales, co desenvolvemento dun músculo artificial a partir de células de cebola. Este deseño, que foi presentado esta semana , é capaz de contraerse ou de expandirse cando se aplica unha corrente eléctrica. Como resultado, conseguiron crear un «músculo artificial» que pode contraerse ou expandirse en diferentes direccións dependendo da voltaxe aplicada cunha pequena pila, a diferenza dos deseñosanteiores, que só podían facelo nun sentido. 

Científicos españois descobren unha forma de rematar coa inmortalidade do cancro.





                  Cando certos xenes reguladores deixan de funcionar, as células sofren unha especie de revolución que as aparta do camiño establecido. Coma se tivesen caído no «lado escuro da forza», comezan a multiplicarse moi rapidamente e provocando danos ao propio organismo que as permitiu desenvolverse. Para iso, sofren varias transformacións que as fan inmortais. Por exemplo, «aprenden» a evitar o acurtamento dos telómeros, que son os extremos dos cromosomas onde se empaqueta o material xenético. Así, mentres que as células sas están programadas para morrer porque os seus telómeros se acurtan con cada division, as células malignas son capaces de reparar os seus telómeros de forma permanente e de vivir de forma ilimitada. Agora, un equipo de investigadores españois do CNIO  que forman parte do grupo de María Blasco, desenvolveu un mecanismo para atacar os telómeros das células tumorais e bloquear o desenvolvemento do cancro. O remedio consiste en bloquear unha proteína protectora destes telómeros, chamada TRF-1, pero sen afectar ao mesmo tempo ás células sas. O avance foi publicado na revista «EMBOMolecular Medicine» e de momento traduciuse no desenvolvemento dun fármaco experimental que bloquea o cancro de pulmón en ratos de laboratorio.

jueves, 30 de abril de 2015

A sonda 'Messenger' está a punto de estrelarse en Mercurio.




          Messenger, unha sonda espacial que partiu da Terra en 2004 e que estivo catro anos en órbita de Mercurio, consumiu xa todo o seu combustible polo que a NASA deu por concluída a misión no planeta máis próximo ao Sol. Os enxeñeiros de control enviaron á nave nas últimas semanas as ordes pertinentes para realizar correccións de órbita (a última o venres pasado) de maneira que impacte na superficie de Mercurio probablemente o próximo 30 de abril. O choque producirase na cara do planeta non orientada cara á Terra, polo que non se verá en tempo real. . A sonda irá a 3,91 quilómetros por segundo no momento do impacto. A nave, sen combustible para facer correccións de órbita, remataría estrelada na superficie do planeta de calquera xeito, pero os responsables da misión preferiron dirixir o impacto coa esperanza de fotografar no futuro o cráter (duns 16 metros de diámetro) que provoque e obter información sobre o material exposto comparando o antes e o despois.

Nacen os primeiros linces en liberdade fóra de Andalucía en décadas.




     
              A recuperación estancouse nos últimos anos e cada vez morren máis exemplares atropelados pola inacción das autoridades, pero hai un novo motivo para o optimismo: o nacemento de polo menos dúas crías de lince en Extremadura, en liberdade, por primeira vez dende que o felino desaparecese desta rexión. O proxecto para consolidar novas poboacións máis alá do territorio andaluz dá sinais esperanzadores. Despois de consolidar dúas poboacións grandes no ámbito de Doñana e o de Serra Morena, en Andalucía, en 2014 comezouse por primeira vez coa solta de 26 linces (a maioría mozos, máis adaptables) en Castela-A Mancha, Extremadura e Portugal, coa idea de lograr unha expansión real deste animal por rexións nas que campaba hai medio século. En 2015, liberáronse outros catro linces en Badaxoz (tres femias e un macho). Sete destes linces liberados nos novos territorios morreron, na súa maioría a causa da acción humana.

Por que os mosquitos prefiren picar a algunhas persoas?





           Moita xente sospeita que o seu sangue ten un bouquet moi especial para os mosquitos porque amencen cubertos de picaduras mentres aos seus compañeiros de cuarto nin lles tocan. Para estas persoas, a boa noticia é que os científicos están un paso máis preto de saber por que sofren tantas picadas; a mala, que os seus fillos herederán este calvario. Porque segundo un estudo que se coñece hoxe, a nosa xenética sería o factor determinante na elección de menú dos mosquitos. A importancia deste asunto, nun mundo no que millóns de persoas morren por enfermidades transmitidas por estes insectos, vai moito máis alá do martirio de molestas noites de verán.  A clave para o achado foron case corenta parellas de xemelgas ás que se expuxo á picadura dos mosquitos. Destas, 18 eran xemelgas idénticas -que comparten o 100% dos seus xenes- e 19 xemelgas, para comprobar se a súa xenética determinaba o comportamiendo dos mosquitos. Os mosquitos si mostraron preferencia entre algunha das xemelgas, mentres que elixían co mesmo interese as xemelgas idénticas, o cal indica que aí podería estar a clave. A conclusión é moi clara, segundo os científicos das universidades de Londres, Florida e Nottingham que realizaron o estudo: "Os nosos resultados demostran un compoñente xenético subxacente ao tipo de olor humano, unha diferenza xenética que é detectable polos mosquitos a través do noso olor e que se utiliza durante a selección da persoa,". 

jueves, 12 de marzo de 2015

Catro imaxes da explosión dunha estrela avalan a Einstein.





             Un equipo de astrónomos observou por primeira vez, co telescopio espacial Hubble da NASA, non unha senón catro imaxes da explosión dunha estrela afastada, unha supernova, que estaba directamente detrás dun conxunto de enormes galaxias cuxa masa é tan grande que deforma o espazo-tempo. Isto forma unha lupa cósmica que crea múltiples imaxes da supernova, un efecto predito pola Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein hai 100 anos. As imaxes múltiples organízanse arredor da galaxia elíptica nun patrón en forma de cruz chamado Cruz de EinsteinDurante os últimos cincuenta anos, os investigadores trataron de dar cun fenómeno similar, que finalmente foi observado durante a busca de galaxias distantes que leva a cabo a Universidade de California, BerkeleyO afortunado descubrimento non só permite probar a teoría da relatividade, senón que dá información sobre a forza da gravidade, e a cantidade de materia escura no Universo. A materia escura, ao contrario do que acontece coa ordinaria, a que todos coñecemos, non pode ser vista directamente, pero cre que constitúe a maior parte da masa do Universo. 

miércoles, 11 de marzo de 2015

Eclipse de sol podería deixar sen electricidade a Europa.





              Unha eclipse total de Sol que se presentará o próximo 20 de marzo puxo a tremer ao sistema eléctrico de Europa, xa que o fenómeno podería deixar sen enerxía a varios países do continente. De acordo co diario The Financial Times, a eclipse prevista das 8:40 ás 12:50 horas podería interromper a xeración de electricidade e rexións como Alemaña, que dependen de xeradores de enerxía renovable, poderían sufrir as consecuencias da ausencia do Sol. En só 30 minutos da eclipse a produción de enerxía podería diminuír de 17,5 a 6,2 gigavatios, polo que o sistema enerxético terá que adaptarse ao fenómeno. O 20,5% da enerxía de Europa depende do Sol e esta non é a primeira vez que se ve "ameazada", o portal sinala que en 1999 se experimentou unha situación familiar.

Captan unha "bóla de lume" en España.





      O pasado sábado 21 de febreiro, o Observatorio Astronómico de La Hita captou o paso dunha "bóla de lume' tan brillante como a Lúa" en Toledo, España. Segundo informou o diario ABC, o fenómeno rexistrouse á 1:47 horas e foi gravado polas cámaras da Universidade de Huelva. Sinalaron que a "bóla de lume" podería provir dun asteroide. De acordo co profesor José María Madiedo, o impacto produciuse a 60 mil quilómetros por hora a unha altura de 80 quilómetros e avanzou en dirección sur.
Bóla de lume

Marte tivo un océano que ocupou o 19% do planeta.





          Científicos da NASA determinaron que Marte tivo un océano fai uns 4 mil 500 millóns de anos que ocupou o 19% do planeta, pero cun volume como para cubrilo por completo. Non obstante, cren que o océano marciano, cuns 20 millóns de quilómetros cúbicos e ata 1,6 quilómetros de profundidade nalgúns puntos, se concentrou nas planicies do hemisferio Norte e non cubriu a totalidade do planeta, senón o 19%. Esta extensión sería superior proporcionalmente a la del Océano Atlántico en la Tierra. Os investigadores analizaron a pegada de dúas partículas de auga diferentes na atmosfera de Marte, a da auga común H2O e a da súa variante HDO, que contén unha variante máis pesada do hidróxeno, chamado deuterio. O equipo analizou os niveis de ambas as dúas moléculas varias veces ao longo de case seis anos e descubriu que, mentres a auga pesada queda atrapada no ciclo da auga marciano, a auga común tende a escapar ao espazo.

martes, 10 de marzo de 2015

O alienígena das profundidades mariñas.




           Unha criatura mariña de corpo brando e rosado, fociño carnoso e dentes como cravos foi encontrada preto da costa australiana. Os pescadores coñéceno como 'o alien das profundidades' pola súa viscosa aparencia. Non obstante, non é máis que a estraña quenlla encanto (Mitsukurina owstoni) á que os científicos riscan de 'fósil vivente', pois cren que se trata dunha especie duns 125 millóns de anos de antigüidade e da que sabe moi pouco, salvo que adoita frecuentar o Pacífico, o Atlántico e o ÍndicoO exemplar foi doado ao Museo Australiano, onde se mostrou á criatura ao público.

una nova peza para o crebacabezas da evolución humana.




             O achado dunha mandíbula de hai 2,8 millóns de anos en Etiopía atrasou de xeito sorprendente a aparición do xénero 'Homo'. Segundo aseguran os autores do descubrimento, este fósil atrasa en 400.000 anos o xurdimento da liñaxe humana e supón polo tanto unha nova peza crucial para ir completando o crebacabezas da nosa evolución. .

Primeiro viaxe a un planeta enano.

 



      Corría o ano 1801 cando o astrónomo e sacerdote siciliano Giuseppe Piazzi divisou dende o observatorio de Palermo un corpo celeste que foi denominado CeresInicialmente foi clasificado como un planeta,  e despois, como un asteroideFinalmente, en 2006, Ceres pasou a formar parte da lista de planetas ananos. Máis de dous séculos despois do seu descubrimento, unha nave espacial entrou este venres na órbita dese mundo anano. Segundo precisou a NASADawn foi capturada pola gravidade de Ceres cara ás 13.39, hora peninsular española. O sinal de confirmación chegou ao Jet Propulsion Laboratory da NASA en Pasadena, California, ás 14.36. Tras analizar o sinal, a axencia espacial confirmou que a nave entrara na órbita do planeta anano e se encontraba en bo estado. Agora, Dawn investigará a superficie de Ceres para intentar desentrañar algunhas misteriosas características que os astrónomos puideron observar durante as últimas semanas, a medida que a sonda se aproximaba a CeresAsí, detectaron nun cráter de 92 quilómetros de ancho dous puntos brillantes cuxa orixe descoñecen. As imaxes captadas pola sonda revelaron que en Ceres hai abundantes cráteres.Así, detectaron nun cráter de 92 quilómetros de ancho dous puntos brillantes cuxa orixe descoñecen. As imaxes captadas pola sonda revelaron que en Ceres hai abundantes cráteres.
Ceres, con los misteriosos puntos brillantes detectados en su superficie.

jueves, 19 de febrero de 2015

La enigmática nube marciana de Marte.

   


          El Planeta Rojo se ha convertido en el protagonista de un enigma. La revista Nature ha publicado este lunes una investigación surgida por la observación de un fenómeno extraño en la atmósfera marciana. Ocurrió en marzo de 2012 y se pudo ver durante 10 días, más tarde se dejo ver en abril. Se trata de una nube que alcanza una altura de 250 km por encima del suelo marciano. Esto es algo insólito, pues, nunca se habían observado nubes por encima de los 100 km. Otra de las características es que el fenómeno solo se puede ver al amanecer. Los investigadores contemplan 2 posibilidades : nubes o auroras

jueves, 22 de enero de 2015

Volcán crea una isla en Tonga.




       Surgió en el océano pacifico, en Tonga. Los científicos aseguran que pronto desaparecerá. Una vez que finalice la erupción , es probable que el océano tarde apenas unos meses en erosionar por completo. Esta isla esta hecha, en su mayoría, de lava y tiene unas dimensiones de 1,8 km y se levanta unos 100 metros sobre el mar.
El volcán lleva un mes arrojando lava al océano pacifico a unos 65 km al noroeste de la capital Nuku`alofa. La semana pasada interrumpió el transito aéreo internacional al archipiélago del pacifico durante varios días. 
Isla creada por el volcán.

La NASA encuentra el Beagle 2 en Marte.

                      


La sonda de la NASA ha encontrado en la superficie de Marte los restos del Beagle 2 , un rover británico de la misión Mars Express de la Agencia Espacial Europa del que no se tenían noticias desde que fue liberado para aterrizar en el Planeta Rojo. El Beagle 2 fue lanzado el 19 de diciembre de 2003 sobre el Isidis Planitia , una inmensa llanura cerca del ecuador marciano donde debía aterrizar el día de Navidad. Sin embargo, los técnicos no consiguieron contactar con el rover hasta ahora.

Localización del Beagle 2 en Marte