jueves, 30 de abril de 2015

A sonda 'Messenger' está a punto de estrelarse en Mercurio.




          Messenger, unha sonda espacial que partiu da Terra en 2004 e que estivo catro anos en órbita de Mercurio, consumiu xa todo o seu combustible polo que a NASA deu por concluída a misión no planeta máis próximo ao Sol. Os enxeñeiros de control enviaron á nave nas últimas semanas as ordes pertinentes para realizar correccións de órbita (a última o venres pasado) de maneira que impacte na superficie de Mercurio probablemente o próximo 30 de abril. O choque producirase na cara do planeta non orientada cara á Terra, polo que non se verá en tempo real. . A sonda irá a 3,91 quilómetros por segundo no momento do impacto. A nave, sen combustible para facer correccións de órbita, remataría estrelada na superficie do planeta de calquera xeito, pero os responsables da misión preferiron dirixir o impacto coa esperanza de fotografar no futuro o cráter (duns 16 metros de diámetro) que provoque e obter información sobre o material exposto comparando o antes e o despois.

Nacen os primeiros linces en liberdade fóra de Andalucía en décadas.




     
              A recuperación estancouse nos últimos anos e cada vez morren máis exemplares atropelados pola inacción das autoridades, pero hai un novo motivo para o optimismo: o nacemento de polo menos dúas crías de lince en Extremadura, en liberdade, por primeira vez dende que o felino desaparecese desta rexión. O proxecto para consolidar novas poboacións máis alá do territorio andaluz dá sinais esperanzadores. Despois de consolidar dúas poboacións grandes no ámbito de Doñana e o de Serra Morena, en Andalucía, en 2014 comezouse por primeira vez coa solta de 26 linces (a maioría mozos, máis adaptables) en Castela-A Mancha, Extremadura e Portugal, coa idea de lograr unha expansión real deste animal por rexións nas que campaba hai medio século. En 2015, liberáronse outros catro linces en Badaxoz (tres femias e un macho). Sete destes linces liberados nos novos territorios morreron, na súa maioría a causa da acción humana.

Por que os mosquitos prefiren picar a algunhas persoas?





           Moita xente sospeita que o seu sangue ten un bouquet moi especial para os mosquitos porque amencen cubertos de picaduras mentres aos seus compañeiros de cuarto nin lles tocan. Para estas persoas, a boa noticia é que os científicos están un paso máis preto de saber por que sofren tantas picadas; a mala, que os seus fillos herederán este calvario. Porque segundo un estudo que se coñece hoxe, a nosa xenética sería o factor determinante na elección de menú dos mosquitos. A importancia deste asunto, nun mundo no que millóns de persoas morren por enfermidades transmitidas por estes insectos, vai moito máis alá do martirio de molestas noites de verán.  A clave para o achado foron case corenta parellas de xemelgas ás que se expuxo á picadura dos mosquitos. Destas, 18 eran xemelgas idénticas -que comparten o 100% dos seus xenes- e 19 xemelgas, para comprobar se a súa xenética determinaba o comportamiendo dos mosquitos. Os mosquitos si mostraron preferencia entre algunha das xemelgas, mentres que elixían co mesmo interese as xemelgas idénticas, o cal indica que aí podería estar a clave. A conclusión é moi clara, segundo os científicos das universidades de Londres, Florida e Nottingham que realizaron o estudo: "Os nosos resultados demostran un compoñente xenético subxacente ao tipo de olor humano, unha diferenza xenética que é detectable polos mosquitos a través do noso olor e que se utiliza durante a selección da persoa,".