jueves, 30 de abril de 2015

Nacen os primeiros linces en liberdade fóra de Andalucía en décadas.




     
              A recuperación estancouse nos últimos anos e cada vez morren máis exemplares atropelados pola inacción das autoridades, pero hai un novo motivo para o optimismo: o nacemento de polo menos dúas crías de lince en Extremadura, en liberdade, por primeira vez dende que o felino desaparecese desta rexión. O proxecto para consolidar novas poboacións máis alá do territorio andaluz dá sinais esperanzadores. Despois de consolidar dúas poboacións grandes no ámbito de Doñana e o de Serra Morena, en Andalucía, en 2014 comezouse por primeira vez coa solta de 26 linces (a maioría mozos, máis adaptables) en Castela-A Mancha, Extremadura e Portugal, coa idea de lograr unha expansión real deste animal por rexións nas que campaba hai medio século. En 2015, liberáronse outros catro linces en Badaxoz (tres femias e un macho). Sete destes linces liberados nos novos territorios morreron, na súa maioría a causa da acción humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario