jueves, 30 de abril de 2015

A sonda 'Messenger' está a punto de estrelarse en Mercurio.




          Messenger, unha sonda espacial que partiu da Terra en 2004 e que estivo catro anos en órbita de Mercurio, consumiu xa todo o seu combustible polo que a NASA deu por concluída a misión no planeta máis próximo ao Sol. Os enxeñeiros de control enviaron á nave nas últimas semanas as ordes pertinentes para realizar correccións de órbita (a última o venres pasado) de maneira que impacte na superficie de Mercurio probablemente o próximo 30 de abril. O choque producirase na cara do planeta non orientada cara á Terra, polo que non se verá en tempo real. . A sonda irá a 3,91 quilómetros por segundo no momento do impacto. A nave, sen combustible para facer correccións de órbita, remataría estrelada na superficie do planeta de calquera xeito, pero os responsables da misión preferiron dirixir o impacto coa esperanza de fotografar no futuro o cráter (duns 16 metros de diámetro) que provoque e obter información sobre o material exposto comparando o antes e o despois.

No hay comentarios:

Publicar un comentario