martes, 10 de marzo de 2015

Primeiro viaxe a un planeta enano.

 



      Corría o ano 1801 cando o astrónomo e sacerdote siciliano Giuseppe Piazzi divisou dende o observatorio de Palermo un corpo celeste que foi denominado CeresInicialmente foi clasificado como un planeta,  e despois, como un asteroideFinalmente, en 2006, Ceres pasou a formar parte da lista de planetas ananos. Máis de dous séculos despois do seu descubrimento, unha nave espacial entrou este venres na órbita dese mundo anano. Segundo precisou a NASADawn foi capturada pola gravidade de Ceres cara ás 13.39, hora peninsular española. O sinal de confirmación chegou ao Jet Propulsion Laboratory da NASA en Pasadena, California, ás 14.36. Tras analizar o sinal, a axencia espacial confirmou que a nave entrara na órbita do planeta anano e se encontraba en bo estado. Agora, Dawn investigará a superficie de Ceres para intentar desentrañar algunhas misteriosas características que os astrónomos puideron observar durante as últimas semanas, a medida que a sonda se aproximaba a CeresAsí, detectaron nun cráter de 92 quilómetros de ancho dous puntos brillantes cuxa orixe descoñecen. As imaxes captadas pola sonda revelaron que en Ceres hai abundantes cráteres.Así, detectaron nun cráter de 92 quilómetros de ancho dous puntos brillantes cuxa orixe descoñecen. As imaxes captadas pola sonda revelaron que en Ceres hai abundantes cráteres.
Ceres, con los misteriosos puntos brillantes detectados en su superficie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario