jueves, 12 de marzo de 2015

Catro imaxes da explosión dunha estrela avalan a Einstein.





             Un equipo de astrónomos observou por primeira vez, co telescopio espacial Hubble da NASA, non unha senón catro imaxes da explosión dunha estrela afastada, unha supernova, que estaba directamente detrás dun conxunto de enormes galaxias cuxa masa é tan grande que deforma o espazo-tempo. Isto forma unha lupa cósmica que crea múltiples imaxes da supernova, un efecto predito pola Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein hai 100 anos. As imaxes múltiples organízanse arredor da galaxia elíptica nun patrón en forma de cruz chamado Cruz de EinsteinDurante os últimos cincuenta anos, os investigadores trataron de dar cun fenómeno similar, que finalmente foi observado durante a busca de galaxias distantes que leva a cabo a Universidade de California, BerkeleyO afortunado descubrimento non só permite probar a teoría da relatividade, senón que dá información sobre a forza da gravidade, e a cantidade de materia escura no Universo. A materia escura, ao contrario do que acontece coa ordinaria, a que todos coñecemos, non pode ser vista directamente, pero cre que constitúe a maior parte da masa do Universo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario